Sobre nós

Somos Mar e Adrián, benvidos á Panadería da Montaña.

A historia

Nós somos Adrián e Mar, panadeiros que vivimos en Becerreá coas nosas familias. Cansados de ver como pechan negocios no rural, puxemos en marcha este proxecto coa vontade de devolverlle aos Ancares algo tan esencial como o pan. Decidimos abrir unha panadería en Becerreá, unha vila que levaba anos sen ela.

Somos un proxecto pequeno, impulsado con ilusión e ganas de traballar, que aposta por facer as cousas ben desde o principio. Entendemos o pan como un produto básico, pero tamén como algo que require oficio, criterio e respecto polo proceso.

No noso obradoiro elaboramos pan, empanadas e doces. Traballamos cunha idea clara: ofrecer un produto honesto e feito aquí, en conexión co lugar e coas persoas.

Abrir este forno foi unha maneira de comezar algo novo, pero tamén de recuperar o que nunca debería faltar. E niso seguimos, cada día.

Feito con cariño nos Ancares

Elaboramos os nosos produtos a diario de luns a sábado.

Tes unha tenda ou restaurante?

Se queres vender os nosos produtos, ponte en contacto con nós!

Queres mercar algún produto e non vives aquí?

Contáctanos por teléfono ou Whatsapp e vemos se é posible mandarcho.

mar e adri

Meet The Team of NYUS.

Neque elit, rutrum in laoreet nec eget scelerisque volutpat sit. Bibendum tincidunt a scelerisque consectetur ultrices elementum pulvinar non. Leo ut id vel nec nisi odio nisi. Auctor egestas nibh augue enim, ornare blandit.